jueves, 18 de octubre de 2007

Tema de debate- Infografistas:¿periodistas o diseñadores gráficos?

En sus orígenes, los infografistas procedían del campo de las Bellas Artes o del diseño gráfico. Hoy en día la mayor parte son periodistas con conocimientos de informática y diseño. ¿ Se está relegando la creatividad y el aspecto estético a un segundo plano? ¿ O prima la capacidad de organizar la información sobre la estética? ¿ No sería más correcto que los profesionales de ambos campos colaborasen buscando el equilibrio de una estética funcional, original pero al servicio de la información?

3 comentarios:

Fátima Jardón dijo...

O normal sería que existise un equilibrio entre os dous aspectos. De nada vale ter a un infógrafo xenial e que domine todos os programas de deseño se despois non é capaz de filtrar e tratar a información para que o público a entenda. Iso si, non vou negar que o aspecto estético é fundamental, sobretodo para atraer a atención nun primeiro momento. Eu creo que a estética axuda a que o lector se vexa tentado a ler o infográfico.

Xaquín G.V. dijo...

Ejem. Vaia tema de debate, meus queridos. Hai un mítico artigo sobre o tema dos anos 90 -xesús, non o atopo- que falaba de que o mellor era o equilibrio. Marita quizáis sabe cal é. É dun infografista escandinavo -xuiz habitual nos premios Malofiej- que en resumen di que ámbolas dúas partes da ecuación han de estar en equilibrio.

Veleí vai a miña opinión: non hai tal dicotomía. Un infografista non é -ou non debe crer que é- medio xornalista, medio deseñador: é infografista. A profesión nútrese de moitas áreas de coñecemento diferentes -ademáis destas dúas a estatística, a cartografía, a pedagoxía, por citar- e as artella dunha forma única.

En canto a estética? Deixade que a organización "natural" da información, a forma que atopastes de artellar os datos sexa da que mane a beleza. Soa moi Tufe, sei, pero éche así pra min.

Hai ducias de exemplos de marabillosos infografistas que non saben deseñar. Que só pensan os gráficos. Archie Tse ou Matt Ericsson, do NYT, son excelentes "plantexadores de gráficos". Non son eles quen realizan a "arte" do gráfico. E son infografistas brillantes. Alberto Cairo, sempre bromea con que el non sabe deseñar.

Poñémonos históricos? A ENFERMEIRA Florence Nightingale "inventou" a gráfica de área. O MÉDICO John Snow e o seu mapa do cólera en Londres. Non eran xornalistas, pero poderíamos decir que teñen moito de infografistas -alomenos deixaron legado do que aprendermos-.

Si quixera atraer o lector poría nos meus gráficos alguén espido -míticas contraportadas do xornal AS-. Eu prefiro deixar que a cualidade da información, do que ese gráfico lle descubre a primeira vista, sexa o que lle chame a atención ao lector.

Xaquín G.V. dijo...

O ensaio era de Ole Munk "Reporter or Artist: the two would be nice", 1992. Non sei si aínda se pode descargar pero estaba eiquí: http://www.ribmunk.dk/books/reporterorartist/tabid/654/Default.aspx

Paga a pena lelo.